Dąbrowski, Jaroslav

Dąbrowski, Jaroslav

Revolucionario polaco. Participou na insurrección polaca de 1863 contra Rusia. Condenado, fuxiu a Francia e interveu no cerco a París (1871) a carón das tropas francesas, polo que foi nomeado membro do comité central da Comuna de París. Un batallón das Brigadas Internacionais que combateu na Guerra Civil española levou o seu nome.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Jitomir

  • Deceso

    Lugar : París