Dacia, guerras de
Dacia, guerras de
Campañas militares que Traxano dirixiu contra as tribos dacias na banda esquerda do Danubio. Na primeira (101-102), conquistou Sarmizegetusa e obrigou os dacios a recoñecer o protectorado romano, deixando unha guarnición romana. Na segunda campaña, iniciada no ano 105 co fin de reprimir unha insurrección, rematou co suicidio do seu xefe Decébalo. Integrouse no Imperio Romano como provincia no ano 107. En conmemoración destas campañas foi construída a Columna Traxana.