Dacosta, António
Pintor. Formouse na Escola de Belas-Artes de Lisboa (1935) xunto a Almada Negreiros e António Pedro. Influído pola Guerra Civil española e pola Segunda Guerra Mundial, a súa obra tomou un cariz expresionista (Outras coisas, 1941) que abandonou pouco a pouco ata que conseguiu unha bolsa do goberno francés que lle permitiu instalarse en París en 1947. A súa pintura entrou nunha etapa próxima á abstracción surrealista que acabou co abandono da súa produción artística durante case trinta anos. Na década dos setenta retomou a súa carreira e combinou unha obra de estética abstracta coa figuración. Traballou como ilustrador e colaborou en revistas e xornais. Representou a Portugal na VIII Bienal Internacional de Pontevedra (1988). Recibiu, entre outros galardóns, o Prémio Amadeo de Souza-Cardoso no Salão de Arte Moderna do SPN (1942) e o Premio de Pintura da Asociación Internacional de Críticos de Arte (1984).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Angra do Heroísmo, Os Açores -
Deceso