Daddah, Moktar Ould

Daddah, Moktar Ould

Político mauritano. Licenciouse en Leis en París. Membro da Union Progressiste Mauritanienne, fundou o Parti du Reagroupement Mauritanien en 1958. Foi elixido primeiro ministro de Mauritania dentro da Communauté Française (1958-1960). Despois da independencia (1960), resultou elixido presidente da República en 1961 e creou o Parti du Peuple Mauritanien, que se converteu no único partido legal ata 1978. A súa postura evolucionou desde unha posición prooccidental cara ao neutralismo e ao panarabismo, e entre outras medidas, retirou a Mauritania da zona económica do franco francés e anexionou parte do antigo Sáhara Occidental. En 1971 foi nomeado presidente da Organización para a Unidade Africana (OUA). Derrocado por un golpe militar dirixido polo tenente coronel Mustafa Ould Salek en 1978, pasou un ano na cadea, e en agosto de 1979 exiliouse en París, dende onde dirixe o movemento Alliance pour une Mauritanie Democratique.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Boutilimit