dádiva
dádiva
(< lat datīva, n pl dedatīvu por influencia de débeda)
-
s
f
Acción de dar algo graciosa e xenerosamente.
Ex: Agradeceu moito as dádivas que lle concederan as altas xerarquías.
-
s
f
Cousa que se dá a alguén xenerosa e gratuitamente. Na tradición oral recóllense ditos como: “A dádiva é máis cara ca se fose mercada. Dádiva ruín, catro mans tolle: as dúas do que a dá, e as dúas do que a colle. Dádivas e boas razóns amolecen pedras e corazóns. Dádivas rachan penedos.”
Ex: Gañou os seus compañeiros con dádivas.