1 dado

1 dado

(<ár dad?)

  1. s
    1. Peza de marfil, madeira, plástico ou outro material en forma de cubo que ten as caras sinaladas con puntos do un ao seis, ou con distintas figuras, e que se utiliza para diversos xogos de azar.

      Ex: Botou un dado enriba da mesa e saíulle un seis.

    2. pl

      Xogo que se realiza con dados e que consiste en tirar estes de maneira que cada xogador saque a combinación que teña máis valor.

  2. s m
    1. Cousa que ten unha forma máis ou menos cúbica.

      Ex: Cortou as cenorias e as patacas en dados para botarllas ó caldo.

    2. [TECNOL]

      Peza cúbica, xeralmente de bronce ou de ferro, cun oco nun dos seus eixes, que serve de coxín fixo para o soporte de árbores verticais.

    3. [ARQUIT]

      Parte central do pedestal en forma rectangular ou cadrada que se sitúa entre a base e a cornixa.

    4. [BÉL]

      Cubo pequeno de ferro que forma parte da carga de metralla nas pezas de artillería.

    5. [HERÁLD]

      Figura que se representa nos escudos deixando ver tres das súas caras.