dador -ra

dador -ra

(< lat datŏre)

  1. adx e s

    Que ou quen dá.

  2. adx e s m [FÍS]

    Nun semicondutor, átomo contido como impureza ou incorporado intencionadamente a un elemento capaz de dar un electrón. Nun semicondutor de silicio empréganse, xeralmente, o antimonio, o fósforo e o arsénico. O semicondutor con átomos dadores presenta unha condutividade elevada debida aos electróns libres; un semicondutor nestas condicións chámase de tipo n.

  3. s [ECON]

    Persoa que libra unha letra de cambio.

Palabras veciñas

dadivoso -sa | 1 dado | 2 dado -da | dador -ra | Dadra e Nagar Haveli | Daedalea | dafne