Daganzo de Arriba
Daganzo de Arriba
Municipio da Comunidad Autónoma de Madrid, situado ao NO da cidade de Madrid e regado polo río Torote (2.429 h [1996]). A proximidade a Madrid determina a súa actividade económica, na que destacan as industrias químicas, metalúrxicas e de mobiliario de oficina. Do seu patrimonio cultural cómpre salientar a igrexa parroquial, de características mudéxares, a ermida de Nuestra Señora del Espino e a fonte dos Cuatro Caños.