Daimler, Gottlieb Wilhelm
Daimler, Gottlieb Wilhelm
Inventor e industrial alemán. Foi director técnico da Gasmoterenfabrik Deutz de Colonia, empresa na que se construíu o motor de gas de catro tempos de velocidade regulable. En 1883 fundou un taller experimental en Cannstatt, onde estudiou un dos primeiros motores de combustión interna, o primeiro no que se empregaba gasolina como carburante, que incorporou primeiro a unha bicicleta (1885), a un vehículo de catro rodas (1886) e a unha embarcación. Patentou un gran número de perfeccionamentos mecánicos relacionados coa automoción. No ano 1890 fundou a Daimler Motoren Gesellschaft en Cannstatt, firma que construíu os primeiros automóbiles Mercedes.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Schorndorf -
Deceso
Lugar : Cannstatt