Dalton, John

Dalton, John

Químico e físico inglés. Autodidacta, exerceu como mestre en diversas escolas. En 1793 instalouse en Manchester, onde continuou co seu labor docente e investigador. Dedicouse á meteoroloxía e publicou Meteorological Observations and Essays (Observacións e ensaios meteorolóxicos, 1793). En 1794 deu a coñecer por primeira vez o daltonismo. En 1803 publicou a lei sobre as presións parciais e pouco tempo despois descubriu, independentemente de Gay-Lussac, que todos os gases posúen o mesmo coeficiente de dilatación. A teoría atómica de Dalton, exposta en 1808 na obra New System of Chemical Philosophy (Novo sistema de filosofía química, 1808-1827), deu unha base científica e experimental ás especulacións dos atomistas gregos. Foi membro da Royal Society, elixido en 1822, e da Académie des Sciences de París, a partir de 1830.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Eaglesfield

  • Deceso

    Lugar : Manchester