Dalton, lei de

Dalton, lei de
  1. [QUÍM]

    Lei das presións parciais que establece que a presión dunha mestura de gases perfectos, é a suma das presións que farían os gases compoñentes se cada un deles ocupase todo o volume da mestura á mesma temperatura.

  2. [QUÍM]

    Lei ponderal da química que establece que cando dous elementos se combinan para formar máis dun composto, as cantidades dun deses elementos que se combina cunha cantidade fixa do outro están nunha relación de números enteiros simples. Tamén se coñece como lei das proporcións múltiples.

Palabras veciñas

Dalriada | dalton | Dalton, John | Dalton, lei de | Dalton, plan | Dalton, Roque | Dalton, teoría atómica de