Daniel
Daniel
Profeta bíblico, personaxe central do libro que leva o seu nome. Procedente dunha familia nobre de Xudá, foi desterrado a Mesopotamia trala invasión de Nabucodonosor no 587 a C, e alí permaneceu nas cortes babilónica e persa. Aparece representado no Pórtico da Gloria da catedral compostelá con faciana riseira. Represéntase, xeralmente, coma un mozo imberbe, con túnica curta e cun gorro frixio na cabeza (ó estilo dos personaxes orientais), e leva como atributos, un par de leóns deitados aos seus pés, un carneiro de catro cornos e un pergamiño coas profecías gravadas.