Danubio, Comisión do
Danubio, Comisión do
Organismo internacional destinado a regular a navegación polo Danubio, creado en 1856 por Alemaña, Francia, Italia, Romanía e Turquía. Despois da Primeira Guerra Mundial, o Tratado de Versailles (1919) confirmou a súa existencia e creou unha nova Comisión Internacional encargada de controlar o curso do Danubio augas arriba do delta; a súa sede estableceuse en Viena (1921). Durante a Segunda Guerra Mundial, Alemaña aboliu as comisións. En 1948, os estados ribeiregos celebraron, por iniciativa soviética, a Conferencia do Danubio, na que se creou de novo a Comisión, con sede en Budapest. Austria incorporouse á Comisión en 1960 e a República Federal Alemana en 1963.