Danubio, escola do
Danubio, escola do
Grupo de pintores xurdido a principios do s XVI en Austria e Baviera. Caracterizáronse por ter unha nova valoración da natureza e da paisaxe ao interpretalas como xénero independente. Os seus principais representantes foron Albrecht Altdorfer e Lucas Kronach nas súas primeiras obras, e Wolf Huber.