Darnell, Monetta Eloisa
Actriz. Coñecida como Linda Darnell, comezou traballando en compañías de teatro afeccionado e facendo publicidade. Descubriuna para o cine un produtor da 20th Century Fox e debutou en 1939 na película Hotel for Women (Hotel para mulleres). Convertida, deste xeito, nunha das principais actrices destes estudios, protagonizou títulos como The Mark of Zorro (O signo do Zorro, 1940), It Happened Tomorrow (Sucedeu mañá, 1944), Fallen Angel (Anxo ou demo?, 1945), My Darling Clementine (Paixón dos fortes, 1946), A Letter to Three Wifes (Carta a tres esposas, 1949) ou The Thirteenth Latter (Cartas envelenadas, 1951). A principios dos anos cincuenta deixou a 20th Century Fox e realizou algúns filmes para outros estudios, incluídos algúns italianos como Gli ultimi cinque minuti (Os derradeiros cinco minutos, 1955).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Dallas, Texas -
Deceso
Lugar : Chicago, Illinois