D’Aronco, Raimondo

D’Aronco, Raimondo

Arquitecto italiano. Diplomado pola Accademia di Venezia, foi un dos representantes do modernismo italiano. Proxectou o monumento a Víctor Manuel en Roma (1884) polo que recibiu un premio, e realizou o palacio da primeira exposición de belas artes de Venecia (1887). Viviu en Turquía, onde foi arquitecto xefe do sultán Abdülhamit II (1892). Realizou numerosos edificios para a exposición de Turín de 1902 e, coa construción da casa do concello de Udine (1908), retornou ás formas académicas.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Gemona del Friuli

  • Deceso

    Lugar : Nápoles