Darvas, József
Darvas, József
Escritor e publicista húngaro. A súa primeira etapa creativa caracterizouse por obras que trataban os problemas dos estractos máis pobres do campesiñado, como Egy parasztcsalád története (Historia dunha familia campesiña, 1939), Máról holnapra (De hoxe a mañá, 1939) e Szakadék (Abismo, 1943). Nos anos cincuenta centrouse nos problemas individuais e colectivos dos intelectuais, como en Kormos ég (Ceo sucio, 1959), Hajnali tüz (Lume na madrugada, 1961) e Részeg esö (Choiva ebria,1963), obra que se levou ao teatro en 1967.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Orosháza, Békés -
Deceso
Lugar : Budapest