Darwin, Erasmus
Darwin, Erasmus
Médico, biólogo e poeta inglés, avó de Charles R. Darwin e de Francis Galton. Estudiou nas universidades de Cambridge e Edimburgo, e exerceu a medicina en Lichfield. No libro Zoonomia or the laws of organic life (Zoonomía ou leis da vida orgánica, 1794-1796) anticipouse ás teorías sobre a orixe dos seres vivos elaboradas por Jean-Baptiste Lamarck e Ch. R. Darwin, e a Ivan Pavlov no tocante á intelixencia e á emoción. Tamén é autor de The temple of nature or the origen of society (O templo da natureza ou a orixe da sociedade, 1803) e de The botanic garden (O xardín botánico, 1794-1795).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Elton, Nottinghamshire -
Deceso
Lugar : Derby