Daudet, Alphonse
Escritor francés. Debido á ruína económica da súa familia abandonou os seus estudios e traballou como pasante; posteriormente, trasladouse a París, onde exerceu como xornalista e secretario do duque de Morny. Clasificado como realista a causa da súa temática rexionalista provenzal, foi un impresionista que presentou a realidade cunha gran sensibilidade e que creou personaxes inmortais. Da súa produción destacan, entre outras obras, La dernière idole (O derradeiro ídolo, 1862), Le petit chose (A cousiña, 1868), Lettres de mon moulin (Cartas dende o meu muíño, 1869), Aventures prodigieuses de Tartarin de Tarascon (As prodixiosas aventuras de Tartarin de Tarascon, 1872), L’arlésienne (A arlesiana, 1872), Les contes du lundi (Contos do luns, 1873), Jack (1876), Numa Roumestan (1881), L’évangéliste (O evanxelista, 1883), Sapho (1884), La petite paroisse (A pequena parroquia, 1895), Trente ans de Paris (Trinta anos de París, 1888), À travers ma vie et mes oeuvres (A través da miña vida e das miñas obras, 1888) e Souvenirs d’un homme de lettres (Recordos dun home de letras, 1888).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Nîmes -
Deceso
Lugar : París