Davao

Davao

Cidade da illa de Mindanao, Filipinas, situada no golfo homónimo ao pé do volcán Apo (1.008.640 h [1995]). A base da súa economía é a agricultura, na que destacan os cultivos de tabaco e cana de azucre. Exporta madeira e copra. Experimentou unha forte inmigración xaponesa.