Davis, Miles
Trompetista de jazz estadounidense. Coñecido como Little Davis, instalouse coa súa familia en Saint Louis en 1927 e participou dende moi novo en numerosas jazz-sessions. Discípulo dos trompetistas E. Buchanan e Clark Terry, ingresou na orquestra Blue Devils de E. Randall e, posteriormente, nos Six Brown Cats de A. Lambert. Logo trasladouse a Nova York e ao longo da súa carreira dirixiu diversos conxuntos. Tocou xunto a B. Carter, C. Hawkins, E. Davies, J. Coltrane, P. Chambers, B. Evans, Airto Moreira, G. Coleman, K. Jarret, D. Gordon, Sarah Vaughan e Ch. Parker, con quen gravou varios discos. Nos anos setenta a súa música absorbeu influencias do rock e electrificouse progresivamente. Retirouse durante seis anos e a comezos dos oitenta incorporouse de novo ao mundo da música nunha nova etapa na que colaborou con A. Foster, M. Miller, M. Stern, B. Berg e M. Cinelu. Compositor da banda sonora da película de Louis Malle Ascenseur pour l’échafaud (1958), da súa discografía destacan Birth of the Cool (1949), Bags Groove (1954), Miles Ahead (1957), Corcovado (1962), Miles Smiles (1966), Bitches Brew (1969) e Amandla (1989).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Alton, Illinois -
Deceso
Lugar : Santa Monica, California