Day, Fred Holland
Fotógrafo norteamericano. Comezou no mundo da fotografía en 1887 e asociouse ao Camera Club de Boston. Amigo de Oscar Wilde e de Aubrey Beardsley, foi un dos primeiros teóricos que propuxo considerar a fotografía como unha arte. Interesouse sobre todo pola obra de J. Keats, H. de Balzac e M. Maeterlinck no eido da literatura, mentres que no campo da fotografía se achegou ao pictorialismo e á obra do grupo Linked Ring Brotherhood. Nas súas imaxes reflicte vistas de montañas, nus mitolóxicos e crucifixións, non exentas de fortes críticas por mor da súa trivialidade. Dende 1897, invitado por A. Stieglitz, colaborou con artigos e fotografías na revista Camera Notes. En 1899 comezou a traballar como asesor con Herbert Copeland nunha axencia de publicidade. Organizou en 1900 unha exposición dedicada á nova escola americana na Royal Photographic Society de Londres e en París e expuxo a súa obra no estudo que posuía en Boston.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Norwood, Massachusetts -
Deceso
Lugar : Boston