Dayton

Dayton

Cidade do estado de Ohio, EE UU, drenado polo río Great Miami, que serve de unión coa rexión dos Grandes Lagos (182.040 h [1990]). É un importante núcleo industrial especializado na produción de maquinaria eléctrica e aeronáutica. É o centro de subministracións electrónicas de Defensa e sede do centro de intelixencia artificial. O sector dos transportes ocupa unha quinta parte dos traballadores, o resto dos sectores son moi variados, e neles destacan a elaboración de papel, pinturas e bicicletas. Nesta cidade asinouse o 21 de novembro de 1995 o Acordo Marco Xeral de Paz, coñecido como Acordos de Dayton.