2 de
(
-
prep
-
Expresa posesión ou pertenza.
Ex: Foi á casa de Maruxa. Colleu o libro do pai.
-
Expresa relacións de parentesco.
Ex: É filla do seu irmán.
-
Designa a autoría de algo.
Ex: Lemos Os eidos de Uxío Novoneyra.
-
-
prep
-
Expresa orixe ou procedencia, no espazo e no tempo.
Ex: Volveu axiña da praza. Vén do país veciño. A tartamudez vénlle dun susto que lle deron cando era cativa. Parece ser que o artefacto é dos tempos da guerra. OBS: Para remarcar o lugar de orixe, combínase con outras preposicións. Ex: Aínda che vén agora de entre as mantas. Vimos de coas ovellas de as alindar na camposa.
-
Expresa superación dun límite.
Ex: Xa pasa dos cen anos. Pésache ben máis de dezaseis quilos.
-
Expresa o punto de partida dun proceso ou transformación.
Ex: En dous meses fixeron dun home un gato. Tes que conseguir facer da túa vida desgraciada un poema.
-
Sinala distancias locais ou temporais ou, por extensión, nocionais. OBS: Nestas construcións alterna en moitos casos coa prep desde.
Ex: De aquí a alá logo se chega. Do instante en que a vin, xa souben de quén era filla. De hoxe ata mañá prefiro non saír da casa. Abrimos de nove a dúas todos os días da semana.
-
-
prep
-
Expresa unha situación espacial ou, máis habitualmente, temporal.
Ex: Hoxe é o día do seu cabodano. De inverno vai moito frío. Dixo que viña da outra beira do río. De verán aluga unha casa na praia. OBS: Alterna coas preposicións en e a. Na construción unha (dúas, etc) + vez alterna a presenza e a ausencia de preposición. Ex: Xa vai de dúas veces que non me quixo comer. (D)unha vez foramos todos a lle arrincar as patacas.
-
Diante de infinitivos indica o tempo no que unha acción adoita ou debe realizarse.
Ex: Sónchevos horas de vos irdes para a cama.
-
-
prep
Expresa a materia que constitúe ou da que está feita algunha cousa.
Ex: Comeu un guiso de garavanzos. Compraron unha mesa de formica.
-
prep
Expresa a causa ou o motivo de algo. OBS: En ocasións alterna coas preposicións por e con.
Ex: Choraba de alegría. Deulle un infarto de tanto comer.
-
prep
Expresa a función, uso ou destino do antecedente.
Ex: Colleu a cámara de fotos. Deulle coa táboa do peixe.
-
prep
Expresa o contido ou o asunto do que trata algo.
Ex: Regaloulle unha novela de misterio. Escribiulle un poema de amor. Trouxo unha botella de auga.
-
prep
-
Expresa cómo se fai ou acontece algo.
Ex: Saíulle mal porque o fixo de mala gana. Andei de xeonllos todo o percorrido da procesión.
-
Pode indicar forma, idade, valor, prezo ou outras cousas en expresións modais.
Ex: Teño un cativo de catro anos. Comprei un libro de cinco euros.
-
Forma parte de certas locucións modais.
Ex: Caeu de fociños ó chan. Empezou a chover de repente. Vai devagar que che sairá mellor. O regalo saíume de balde.
-
-
prep
Antecede a por en expresións reflexivas do tipo de por si (ou outro persoal tónico) para indicar que alguén fai algo sen a axuda de ninguén.
Ex: De por el mesmo non é quen de facer nada.
-
prep
Pode combinarse coa prep a na expresión ir de a cabalo e ir de a pé, e nas expresións de valor ou medida.
Ex: Compraron patacas das de a corenta céntimos de euro.
-
prep
Seguida de un indica a execución rápida dun acto.
Ex: Comeu todo dunha sentada.
-
prep
Introduce un complemento con valor partitivo tras cuantificadores e ante un termo que designa o conxunto do que se extrae certa cantidade.
Ex: Algúns dos que estamos aquí serán elixidos. Só un dos meus irmáns fixo carreira. OBS: O substantivo pódese tomar en todo o seu significado virtual e mesmo pode carecer de determinación. Ex: Comemos moi pouco de pan. Patacas este ano collemos ben delas. A indicación de cantidade pode estar implícita, co que se indica simplemente que se extrae unha parte dun todo. Ex: Prefiro comer disto ca daquilo. Tamén ten este valor partitivo nas expresións admirativas de cantidade ou ante certos infinitivos, substantivados ou non. Ex: Había ben de xente. Que de xente! Deulle de comer ó can (‘algo de comer’).
-
prep
Expresa a natureza ou as condicións de algo ou de alguén.
Ex: Comprou un becerro de boa raza. Venden produtos de ínfima calidade.
-
prep
-
Introduce o complemento axente dunha construción pasiva.
Ex: A neglixencia é ben coñecida de todos.
-
Indica tamén o axente ou a causa en construcións non pasivas. OBS: Alterna con por.
Ex: Estragouse o reloxo da auga que lle entrou. Ten a pel queimada do sol.
-
-
prep
Introduce un complemento que especifica a entidade do mencionado individualizándoo e especificándoo.
Ex: Colleu o pano de fregar para limpar o que tirara. Escolleu o neno de chaqueta azul. Visitaron a praza do Obradoiro.
-
prep
Expresa o aspecto no que se cumpre a calidade do adxectivo que antecede a preposición.
Ex: É moi ancha de cadeiras. O bo do home non sabía qué facer. OBS: A palabra que complementa o adxectivo pode ser un infinitivo polo que a prep adquire un valor próximo ó de para, digno de ou dun adxectivo en -ble. Ex: O que me propós é ben fácil de facer.
-
prep
Emprégase ante infinitivos e tras verbos que significan ‘comezar’ ou ‘rematar’, formando ou non perífrases aspectuais perfectivas, nalgúns casos alternando coa prep a.
Ex: Acabaron de comer e marcharon. Comezaron de dicir que o espectáculo era moi malo. Tras verbos de pensamento ou intención. Ex: Ordenaron de labrar o campo e sementar patacas. Pensei de llelo dicir ós meus pais. Tralos auxiliares ter, haber e deber en perífrases obrigativas (Debo de ir con ela); con deber e haber en perífrases hipotéticas (Ha de haber uns cinco anos do sucedido) e con haber en perífrases temporais de futuridade (Has de calar cando cho conte).
-
prep
Adquire valor condicional cando vai seguida de infinitivo. OBS: En relación con este valor aparece na expresión de equivalencia de min a ti.
Ex: De ires ó cine lévame contigo.
-
prep
Diante dun participio ou ante que + un verbo en forma persoal, pode equivaler a despois de/que.
Ex: De feito o traballo, tomaron unha borracheira negra. De que tomes o caldo, podes ver a televisión.
-
prep
Constitúe o réxime verbal dalgúns verbos.
Ex: Sabe moito de filosofía. Colleu de libros e foise correndo. OBS: A preposición de contrae co artigo determinado (o, a, os, as) e dá lugar ás formas do, da, dos e das; co artigo indeterminado (un, unha, uns, unhas) e dá lugar a dun, dunha, duns e dunhas; coas formas tónicas do pronome persoal de terceira persoa (el, ela, eles, elas) e dá lugar a del, dela, deles e delas; cos demostrativos (este, ese, aquel, isto...; estoutro, esoutro, aqueloutro) e dá lugar a deste, dese..., destoutro, desoutro, daqueloutro; e cos cuantificadores (algún e outro) e dá lugar a dalgún, doutro.