de-

de-

(< lat de-)

  1. pref

    Forma prefixada de orixe latina que intervén na formación de palabras co significado de ‘dirección de arriba a abaixo’.

    Ex: decaer, dependurar.

  2. pref

    Forma prefixada de orixe latina que intervén na formación de palabras co significado de ‘separación’.

    Ex: definir, delimitar.

  3. pref

    Forma prefixada de orixe latina que intervén na formación de palabras co significado de ‘procedencia’.

    Ex: deducir, derivar.

  4. pref

    Forma prefixada de orixe latina que intervén na formación de palabras co significado de ‘privación ou inversión do significado da palabra simple’.

    Ex: decolorar, deformar, demente. OBS: Ás veces só reforza o significado da palabra base. Ex: declarar, denominar, demostrar. Incorporouse á lingua nunha época temperá e o seu uso xa é pouco rendible.