Dead of Night
Dead of Night
Nome científico:
[Ó morrer a noite]
[IMAX]
Produción cinematográfica británica realizada en 1945. Foi dirixida por Alberto Cavalcanti, Charles Chricton, Basil Dearden e Robert Hamer e interpretada por Mervyn Johns, Roland Culver, Anthony Berger, Googie Withers e Michael Redgrave, entre outros. Consta de cinco historias diferentes unidas por un mesmo personaxe, un psiquiatra que intenta darlles unha explicación aos diferentes soños que teñen os seus clientes. Finalmente, morrerá a mans dun dos pacientes que non soporta o realismo e a ausencia de imaxinación do doutor. Destaca pola colección de promesas da interpretación da época e o coidado sentido do humor, moi propio do cine británico.