de facto*
de facto*
[DER]
Expresión latina que significa ‘de feito’ e que en dereito indica a “posición ou situación de feito”, en contraposición á “situación de dereito” (de iure). Designa, habitualmente, o poder tomado pola forza, en substitución do emanado da aplicación do dereito.