De Forest, Lee

De Forest, Lee

Enxeñeiro e inventor estadounidense. Estudiou na Universidade de Yale e graduouse en Enxeñería Mecánica no ano 1896. Experimentador de sona, foi membro fundador e presidiu o Institute of Radio Enginers. Dedicou varios anos da súa vida á construción dun detector capaz de recibir as ondas de radio. En 1906 solucionou o problema ao introducir un terceiro electrodo entre o ánodo e o cátodo do díodo inventado por J. A. Fleming, co que conseguiu crear un amplificador moi potente, o tríodo -chamado daquela audion-, que enxalzou a radiofonía en detrimento da radiotelegrafía. Tamén investigou as posibilidades do cine con son, ata o punto de que patentou o fonofilm para incorporar unha banda sonora ás películas de cine.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Council Bluffs

  • Deceso

    Lugar : Hollywood