De Gasperi, Alcide
De Gasperi, Alcide
Político italiano. Estudiou dereito na Universidade de Viena. En 1911 foi elixido membro do Parlamento austríaco, onde defendeu os dereitos da minoría italiana. Unha vez incorporada a súa rexión a Italia (1918), fundou o Partido Popular Cristián (1921), do que foi elixido secretario en 1924. Desde 1921 foi tamén membro do Parlamento italiano. Regresou á política activa coa caída de Mussolini e foi presidente do consello de ministros desde setembro de 1945 ata xullo de 1953. Durante a súa presidencia decidiuse a proclamación da República cun referendo (1946).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Pieve Tesino, Tirol do Sur -
Deceso
Lugar : Sella di Valsugana, Tirol do Sur