De Laurentis, Dino

De Laurentis, Dino

Produtor de cine italiano. Comezou no mundo do cine no Centro Sperimentale di Cinematografia de Roma, onde actuou de figurante, ademais de colaborar como encargado de localizacións, axudante de dirección e axudante de produción, ata que finalmente se ocupou da organización do filme L’amore canta (O amor canta, 1941), dirixido por Ferdinando M. Poggioli. A partir dese momento comezou a súa carreira como produtor cinematográfico e participou nun gran número de filmes, como Bitter Rice (Arroz amargo, 1948); La Strada (1954); L’oro di Napoli (O ouro de Nápoles, 1954); La Dolce Vita (1961); The Bible (A Biblia, 1966); Romeo e Giulietta (1968); Dune (1984); ou Hannibal (2001), película na que colaborou coa súa filla Raffaella de Laurentis.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Torre Annunziata, Nápoles