De Mille, Agnes

De Mille, Agnes

Directora de escena, autora e coreógrafa. Cunha sólida formación no ballet clásico, transformou substancialmente a posta en escena do musical americano introducindo nos números bailados técnicas de ballet moderno, danzas populares ou a incorporación da acción dramática na coreografía. Entre os anos 1930 e 1933 formou parte do Dance Repertory Theatre e fundou a compañía Heritage Dance Theatre. Destacan os seus traballos Oklahoma! (1943), que supuxo toda unha revolución e inspirou unha nova maneira de facer teatro musical; Brigadoon (1947); ou Out of this World (Fóra deste mundo, 1950). Escribiu máis dunha ducia de libros relacionados coa súa especialidade artística, como Dance to the Piper (1952) ou Speak to Me, Dance With Me (1973).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Nova York

  • Deceso