De Mille, Cecil Blount
De Mille, Cecil Blount
Realizador cinematográfico norteamericano. Fundou, xunto con Jesse L. Lasky e Samuel Goldwyn, os cimentos do que máis tarde se convertería en berce do cine universal, Hollywood. Especializado en temas bíblicos, foi creador de grandes producións, como King of Kings (Rei de reis, 1927); Cleopatra (1934) e The Ten commandments (Os dez mandamentos, 1956). A súa película The Greatest Show on Earth (O maior espectáculo do mundo, 1952) obtivo o Oscar á mellor película.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Ashfield, Massachusetts -
Deceso
Lugar : Hollywood