De Niro, Robert
Actor. Estudiou interpretación no Actor’s Estudio e comezou no cine da man de Brian De Palma nas súas películas The Wedding Party (1966); Greetings (1968); e Hi, Mom! (1970). Da súa colaboración profesional con Martin Scorsese saíron un gran número de filmes, entre os que destacan: Mean Streets (Malas rúas, 1973); Taxi Driver (1976); New York, New York (1977); Raging Bull (Touro salvaxe, 1980); The King of Comedy (O rei da comedia, 1983); Goodfellas (Un dos nosos, 1990); Cape Fear (O cabo do medo, 1991); ou Casino (1995). Outros traballos da súa carreira son: The Goodfather, Part II (O padriño, 2ª parte, 1974), de F. F. Coppola co que gañou un Oscar de interpretación; Novecento (1975); The Deer Hunter (O cazador, 1978); The Mission (A misión, 1986); Backdraft (Laparadas, 1991); Night and the City (A noite e a cidade, 1992); A Bronx Tale (Unha historia do Bronx, 1993), da que foi o director; Sleepers (1996); ou Meet the Parents (Os pais dela, 2000).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Nova York