De ortu et obitu patrum

De ortu et obitu patrum
[LIT/RELIX]

Tratado escrito por santo Isidoro de Sevilla arredor do 612 que contén unha descrición biográfica de sesenta e catro personaxes do Antigo Testamento e vinte e dous do Novo Testamento. Trátase dunha versión retocada na que inclúe a noticia da predicación de Santiago o Maior en Hispania.