De re metallica

De re metallica
[LIT]

Obra de Georgius Agrícola publicada en 1556 en Basilea que durante dous séculos foi o tratado básico e non superado no campo da técnica mineira. Conta con descricións amplas e detalladas de filóns, instrumentos, canais, máquinas e fornos relacionados coa técnica metalúrxica e da minería, acompañado de debuxos e esquemas moi elaborados.