débeda
(
-
-
s
f
Obriga que ten unha persoa ou un organismo que debe devolver ou pagar algo, especialmente unha cantidade de cartos.
Ex: Aínda lle debe ó banco 24.000 euros.
-
s
f
Obriga moral que se ten con algo ou con alguén.
Ex: A comunidade ten unha débeda cos afectados polo terremoto. Teño unha débeda co meu irmán polos favores que me leva feitos.
-
débeda amortizable
[ECON]
Cantidade que debe devolverse nunha determinada data de vencemento. En particular, é un tipo de débeda pública na que o Estado emisor da mesma se compromete a devolver o capital prestado polo subscritor de cada título da devandita débeda. Pode ser fixa, por anualidades, ou perpetua.
-
débeda consolidada
[ECON]
Débeda amortizable que, a través da consolidación, se converte en perpetua. Está formalizada e recoñecida nunha emisión especial de títulos, con servicios de xuros e amortizacións que o Estado garante por lei.
-
débeda do Estado
[ECON]
Débeda pública emitida polo Goberno, previa autorización dunha lei, que ten por obxecto o financiamento do gasto público. O prazo de reembolso da débeda do Estado debe ser superior aos dezaoito meses.
-
débeda do histórica
[POLÍT]
Teoría política que formula a orixe dos desequilibrios económicos interrexionais no interior dun estado en función de agravios comparativos, mantidos secularmente, na redistribución da renda a través do investimento público e que, seguindo ese principio, reclama por parte da Administración do Estado o recoñecemento do agravio e a súa satisfacción mediante a implementación de políticas activas en beneficio dos territorios prexudicados. Esta teoría foi un elemento crucial nos debates sostidos no desenvolvemento do proceso autonómico español, de modo que incluso os Estatutos de Autonomía de Andalucía e Extremadura recollen no seu texto unha reivindicación que tamén enunciaron, en distintos termos e momentos, os gobernos de Castela e León, La Región de Murcia, Galicia e Catalunya, aínda que tan só Andalucía e Extremadura recibiron compesacións económicas por este concepto.
-
débeda do Tesouro
[ECON]
Débeda pública emitida polo Goberno no mercado interior que ten por finalidade cubrir as necesidades financeiras do Tesouro Público derivadas das diferencias entre os pagos e ingresos. O prazo de reembolso da débeda do Tesouro debe ser inferior aos dezaoito meses. A débeda do Tesouro materialízase mediante obrigas de pagamento ou bonos do Tesouro.
-
débeda exterior
[ECON]
Débeda pública emitida en moeda estranxeira con títulos representativos subscritos por cidadáns doutros estados.
-
débeda externa
[ECON]
Débeda contraída con persoas físicas ou xurídicas do exterior (estados, institucións, financeiras ou bancos) que se compón de capitais e xuros. Este mecanismo permitiu a espoliación da riqueza dos países en desenvolvemento, a imposición das políticas neoliberais de globalización económica nestes países e unha forma de socializar as perdas que xeran os intereses privados.
Causas da débeda
As principais causas poden clasificarse en tres grupos: os gastos improdutivos efectuados polos países, as causas externas ou non controlables polos países endebedados e as medidas de socialización das perdas. Nun primeiro grupo pódense incluír o consumo de produtos de luxo, xeralmente importados polas elites destes países, feito que provocou un desequilibrio nas súas balanzas comerciais, que se cobren con préstamos internacionais. Así mesmo, os investimentos improdutivos, como a compra de armamento, orixinaron unha situación similar á dos produtos de luxo. Entre as causas alleas aos países en desenvolvemento pódense sinalar as crises de 1973 e 1978-1979, que orixinaron unha multiplicación na factura petrolífera dos países en desenvolvemento e que provocaron a subida nos prezos dos produtos manufacturados, na maior parte dos casos importados, mentres a poboación sufriu un descenso na capacidade de aforro e as materias primas experimentaron unha caída nos seus prezos. A situación agravouse pola necesidade dos gobernos de facer fronte aos pagamentos da débeda, feito que os levou a incrementar as exportacións de materias primas e produtos básicos, polo que os seus prezos caeron. Neste segundo grupo debe figurar tamén a subida dos xuros, que se multiplicaron por catro entre finais da década dos setenta e os primeiros anos dos oitenta, feito que provocou a adquisición de novos préstamos para afrontar o pagamento das débedas anteriores e orixinou unha catástrofe económica. Outra das causas que deben indicarse dentro deste bloque foi a fuga de capitais, que buscaron a seguridade dos bancos estranxeiros para rendibilizar os seus capitais, polo que obrigaron os países en desenvolvemento a buscar fondos no exterior para o financiamento dos proxectos e multiplicaron a inestabilidade económica e social. A socialización das perdas é outro dos factores que permiten explicar a magnitude da débeda, pois dende a década dos sesenta é habitual que o Estado figure como aval fronte ás concesións de préstamos aos axentes privados no exterior, tanto para investimentos produtivos como para transaccións comerciais. Como consecuencia, os investimentos que fracasaban ou a insolvencia dos axentes supuxo que a débeda revertese na débeda pública.
A evolución da débeda
O sinal de alarma provocado polo endebedamento saltou cando México informou que non podía satisfacer os xuros (1982). Durante os anos seguintes formouse un club de debedores e a banca comercial gañou tempo mentres o Fondo Monetario Internacional (FMI), os bancos de desenvolvemento e outros organismos internacionais asumían o problema. Para resolvelo adoptáronse un conxunto de medidas entre as que destacan a obriga de emprender axustes estruturais nos países endebedados para garantir a súa estabilidade económica. Pero a débeda comezou a funcionar como un círculo vicioso e o pagamento dos xuros obrigou aos países endebedados a obter máis préstamos, feito que orixinou novos xuros impagables. As novas medidas adoptadas só conseguiron facer sostible a débeda, como no caso dos programas do FMI e do Banco Mundial dirixidos aos Países Pobres Altamente Endebedados (PPAE), un grupo de países que deben cumprir fortes medidas económicas ao longo de seis anos co fin de reducir a súa débeda. En 1996 os países latinoamericanos, africanos e asiáticos endebedados debíanlles máis de 2 billóns de dólares aos estados, bancos comerciais e institucións financeiras multilaterais, case o dobre que a mediados da década anterior, dos que aproximadamente a metade eran para amortizar os xuros da débeda. Malia o aumento progresivo dos pagamentos, a débeda total acumulada polos países menos avanzados medrou ininterrompidamente, e os seus efectos son cada vez máis evidentes: o aumento da desigualdade entre os países debedores e o centro económico mundial, unha forte débeda social interna, un incremento na urbanización, ao mesmo tempo que un empeoramento da súa estrutura, e un crecemento no desemprego e na precarización laboral, acompañado dunha diminución do salario real e do descenso nas condicións de vida (saúde, educación, etc). Todo isto vén acompañado dunha taxa de investimento negativo. As medidas anunciadas en 1999 por países coma os EE UU e Reino Unido, que supuñan a condonación da débeda do Terceiro Mundo, tiveron unha gran difusión na prensa internacional, pero beneficiaron só a 25 das nacións máis pobres do planeta dentro de 5 anos, cunha redución de entre o 8 e o 10% da súa débeda, que representa menos do 1% da débeda total do Terceiro Mundo.
-
s
f
-
s
f
Cantidade que se debe.
Ex: A débeda ascende a 15.000 euros.
Sinónimos: débito. -
s
f
[DER]
-
Deber xurídico de contido patrimonial polo que un suxeito, o debedor, ten que cumprir respecto doutro, o acredor, a realización dunha prestación que debe materializarse nun acto positivo de facer ou de dar, ou nun acto negativo de non facer ou de absterse.
-
dé-beda alimentaria
Obriga xurídica de proporcionar alimento entre determinados parentes nas formas previstas pola lei. Inclúe a obriga de repartir proporcionalmente a contía da débeda cando esta deba ser asumida por máis dunha persoa; a posibilidade de satisfacer a débeda mediante unha contribución de diñeiro ou mantendo na propia casa o alimentista; e o carácter irrenunciable e non transmisible do dereito a percibir unha débeda alimentaria.
-
débeda esixible
Obriga certa que pode ser exisible polo acredor no caso do non cumprimento.
-
débeda hereditaria
Obriga que debía ser asumida en vida polo causante dunha herdanza e que, por non ser intransferible, teñen que a satisfacer os seus herdeiros.
-
débeda privilexiada
Débeda que ten prioridade en caso de concorrencia de créditos que teñen que ser satisfeitos por un mesmo suxeito.
-
débeda tributaria
Obrigación legal a prol do Estado ou doutro ente público pola que unha persoa física ou xurídica debe aboar unha cantidade de diñeiro, como consecuencia dunha obriga tributaria, que satisfai en efectivo ou empregando efectos timbrados. En ocasións, coincide coa cota tributaria líquida, aínda que é normal que se lle engadan recargas equiparables a débedas, xuros e recargas por aprazamento, recargas de apremio ou sancións tributarias.
-
-
débeda de osíxeno
[FISIOL]
Situación na que quedan os músculos despois dunha actividade continuada, realizada anaerobicamente. Neste caso, a glicosa degrádase parcialmente a ácido láctico, que se acumula e debe ser oxidado por unha cantidade de osíxeno extra. Por este motivo, o consumo de osíxeno mantense elevado durante un certo tempo logo de rematado o exercicio.
-
débeda ecolóxica
[ECOL]
Débeda acumulada polos países de maior desenvolvemento económico fronte aos países en vías de desenvolvemento. Esta débeda baséase na obtención, por parte dos países ricos, de recursos naturais cun prezo moi inferior ao real, nos danos ambientais que se efectúan e na ocupación gratuíta de espazo ambiental propio para depositar refugallos, como acontece cos gases que interveñen no efecto invernadoiro.
Refráns
- Bo é buscar ocasión, para saber a quen se debe e a que n non.
- De quen non nos debe nada, bó é unha migalla.
- En débeda se mete quen fía ou promete.
- O deber é xa moi vello.
- O deber non é pecado.
- O que debe e paga, non debe nada.
- O que debe, sabe ben canto debe.
- O que non debe nada, con ben pouco paga.
- ¡Gracias a Deus que cocemos sete petadas e nove debemos!