débito

débito

(

  1. s m

    Cantidade ou obriga que se debe.

    Sinónimos: débeda.
  2. [ECON]
    1. s m

      Anotación que se fai no debe dunha conta.

    2. s m

      Conxunto de cantidades anotadas no debe dunha conta.

    3. débito bancario

      Totalidade de débedas do sistema bancario nun período determinado. Deriva dos cheques que os clientes do banco emiten contra os seus depósitos, tanto primarios coma derivados.

  3. [FISIOL]
    1. s m

      Cantidade de líquido ou gas expulsado por un órgano por unidade de tempo.

    2. débito cardíaco

      olume de sangue impulsado por un ventrículo durante un minuto. Nos adultos e en estado de repouso, é de 4-5 l/min.

    3. débito urinario

      olume de ouriños excretados polo sistema urinario en 24 horas. Nunha persoa adulta é de 2 l.

  4. s m [XEOG]

    Cantidade de auga que pasa pola sección dun curso fluvial por unidade de tempo.

    1. s m

      Aquilo que alguén ten obrigación de facer por un compromiso ou contrato.

    2. débito conxugal [RELIX]

      Obriga que ten cada un dos cónxuxes de acceder á xusta demanda de unión carnal por parte do outro cónxuxe.

  5. débito de osíxeno [FISIOL]

    Estado fisiolóxico que se presenta en animais aerobios cando hai unha deficiencia de osíxeno para realizar as súas funcións metabólicas. Nesa situación, o organismo obtén a enerxía mediante a transformación do ácido pirúvico en ácido láctico. Este acumúlase no tecido muscular ata que o subministro de osíxeno é suficiente para manter o metabolismo aerobio e rexenerar o ácido pirúvico a partir do ácido láctico.

Palabras veciñas

debilitamento | debilitante | debilitar | débito | Debod, templo de | deboleira | Débora