Debod, templo de

Debod, templo de

Templo exipcio situado no lugar do antigo Cuartel del Parque del Oeste en Madrid. Doouno en 1968 o goberno exipcio a España en agradecemento pola axuda prestada na recuperación dos monumentos do val do Nubia, que ían ser sepultados pola presa de ‘Aswān, e reedificouse en 1972. Construíuno no s IV a C o Rei Adijalami de Meroe e ampliouse na época da dinastía ptolemaica e dos emperadores Augusto e Tiberio. Dedicado aos deuses Amón e Isis, consta duns pilonos que forman unha vía que conduce ao templo, que ten o santuario na súa parte traseira. No seu interior destacan as columnas de fuste monolítico con capiteis papiriformes e os baixorrelevos.

Palabras veciñas

debilitante | debilitar | débito | Debod, templo de | deboleira | Débora | Deborin