Decreto-Lei do 26 de Xuño de 1926

Decreto-Lei do 26 de Xuño de 1926

Normativa pola que o goberno de Primo de Rivera puxo fin ao conflito entre foratarios e foreiros, e declarou redimibles todos os foros, subforos, foros frumentarios e outras variedades que se constituíran con anterioridade a 1889. Constaba de 24 artigos e dunha disposición final, e permitía tanto a redención dos foros en favor dos campesiños que traballaban as terras e gozaban do dominio útil, como a reversión da propiedade aos perceptores de rendas e donos do dominio directo. Segundo o decreto, contemplábase tamén a creación en cada partido xudicial de Tribunais Especiais, coa misión de dirimir os problemas e as diferencias que aparecesen na aplicación da normativa, e a constitución dunhas Caixas Provinciais de Crédito Foral.

Palabras veciñas

Decreto | Decreto da Preautonomía Galega | Decreto Galego | Decreto-Lei do 26 de Xuño de 1926 | decretorio -ria | décrochement* | Decroly, Ovide