Decreto

Decreto
[LIT/RELIX]

Colección de disposicións eclesiásticas feitas polo monxe Graciano a mediados do s XII, publicada co nome de Concordiam discordantium canonum. Constituíu a primeira parte do Corpus Iuris Canonici. Contén textos da Biblia, canons dos concilios, decretos pontificios e normas do dereito romano, entre outros asuntos. Considérase un tratado científico e práctico do dereito eclesiástico.