defender

defender

(< lat defendĕre)

  1. v t

    Protexer unha persoa ou unha cousa por algún medio para que non sufra dano ou prexuízo.

    Ex: Púxolle un plástico ó alcouve para defendelo da xeada. Sempre defendeu o irmán máis pequeno ante os pais.

    Sinónimos: amparar, gardar, preservar, resgardar.
  2. v t
    1. Loitar alguén contra quen ataca unha persoa ou unha cousa.

      Ex: O capitán defendeu o castelo dos inimigos.

      Sinónimos: gardar, protexer.
    2. Batallar alguén para impedir que lle sexa arrebatado algo.

      Ex: Os Irmandiños defenderon a súa liberdade ata a morte.

  3. v t
    1. Dar argumentos a favor de algo ou de alguén.

      Ex: Defendeu a súa teoría ata o último momento. Mañá defenderá a súa tese de doutoramento. Defendía o fillo das acusacións que lle facían os veciños.

      Sinónimos: manter, soster.
    2. [DER]

      Soster a defensa dun acusado.

    3. [DER]

      Preitear un avogado en interese do cliente.

  4. v t [DEP]

    Facer que o adversario non acade os obxectivos do xogo.

  5. v pron

    Protexerse alguén dunha persoa ou dunha cousa.

    Ex: Defendémonos da chuvia debaixo dunhas árbores.

  6. v pron

    Loitar contra aquilo que ataca ou ameaza con causar dano.

    Ex: Defendeuse con pedras. Defendeuse dos seus inimigos coma un león.

  7. v pron

    Alegar razoamentos en favor da propia inocencia.

    Ex: Defendeuse el mesmo diante do xuíz.

  8. v pron [DEP]

    Impedir que o adversario acade os obxectivos do xogo.

    Ex: O equipo defendeuse ben durante a primeira parte do partido.

  9. v pron

    Posuír aptitudes para adaptarse a algo que presente dificultades.

    Ex: Defendeuse moi ben o primeiro día de traballo. Non se defende nada co chinés.

Conxugar
VERBO defender
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
defendo
defendes
defende
defendemos
defendedes
defenden
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
defendía
defendías
defendía
defendiamos
defendiades
defendían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
defendín
defendiches
defendeu
defendemos
defendestes
defenderon
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
defendera
defenderas
defendera
defenderamos
defenderades
defenderan
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
defenderei
defenderás
defenderá
defenderemos
defenderedes
defenderán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
defendería
defenderías
defendería
defenderiamos
defenderiades
defenderían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
defenda
defendas
defenda
defendamos
defendades
defendan
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
defendese
defendeses
defendese
defendesemos
defendesedes
defendesen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
defender
defenderes
defender
defendermos
defenderdes
defenderen

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
defende
-
-
defendede
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
defender
defenderes
defender
defendermos
defenderdes
defenderen
Xerundio defendendo
Participio defendido
defendida
defendidos
defendidas