Defensa, La
Defensa, La
Semanario republicano que apareceu en marzo de 1897 en Vigo como substituto de El Radical. Cesou a súa edición en xullo de 1898 por mor das críticas que verteu sobre o desastre de Cuba acontecido ese mesmo ano. Dirixiuno Xosé Quintas da Vila e posteriormente Xaquín Loredo Martínez.