Defensa, La

Defensa, La

Publicación quincenal aparecida no concello de Noia a partir do 13 de marzo de 1906. Cesou a súa edición o 28 de agosto do mesmo ano. Dirixida por Arturo García Rudiño, tirou do prelo un total de 12 números. Incluíu diversos artigos e poemas de Heraclio Pérez Placer.