defensor civitatis*
defensor civitatis*
[HIST]
Institución municipal romana dedicada ao control dos fondos públicos e á defensa xurídica dos habitantes da cidade, especialmente dos humildes, establecida por Valentiniano na segunda metade do s IV. Designábao o prefecto e formaba parte da curia municipal; así mesmo, integrouse na estrutura administrativa do Imperio Bizantino, pero co tempo converteuse nun novo órgano de opresión do pobo que desapareceu no s VIII. Foi coñecido tamén como defensor plebis.