defensiva
defensiva
(< defensivo)
-
s
f
Actitude que adopta unha das partes nunha loita ou nunha discusión cando só trata de defenderse. OBS: Emprégase na construción á defensiva e normalmente cos verbos estar e pórse/poñerse.
Ex: Estivo á defensiva durante todo o combate. Como a estaban criticando púxose á defensiva.
Antónimos: ofensiva. -
s
f
[BÉL]
Acto oposto á ofensiva mediante o que unha tropa se prepara para resistir os ataques do inimigo.