deficiente

deficiente

(< lat deficĭente, ppres de deficĕre ‘ter necesidade’)

  1. adx

    Que está incompleto ou que lle falta algo debido ou conveniente.

    Ex: As cadeiras teñen unha altura deficiente para as medidas da mesa. A deficiente iluminación non deixaba apreciar ben as pinturas.

  2. adx

    Que non acada o nivel ou o grao que se considera normal ou conveniente.

    Ex: A deficiente preparación do cantante fará que non pase á seguinte fase. A cualificación que lle puxeron foi deficiente.

  3. adx e s

    Que ou quen está afectado por algún tipo de deficiencia física ou psíquica.

    Ex: Colabora nun programa de integración para nenos deficientes. As barreiras arquitectónicas son un grande inconveniente para os deficientes físicos.

Palabras veciñas

Defesa | Defferre, Gaston | deficiencia | deficiente | déficit | deficitario -ria | definible