déficit
(< lat deficĕre‘faltar’)
-
[ECON]
Antónimos:
superávit.
-
s
m
Cantidade, expresada normalmente en termos monetarios, que falta para que os ingresos se equilibren cos gastos ou o haber co deber.
Ex: Tiveron que despedir varios traballadores polo déficit que presentaban as contas da empresa.
Antónimos: superávit. -
déficit da balanza de pagamentos
Exceso de importacións voluntarias de bens, servicios e valores financeiros superiores a exportacións similares.
-
déficit orzamentario
Exceso dos gastos públicos, superiores aos ingresos estatais, durante o ano financeiro.
-
s
m
-
s
m
Escaseza ou falta de algo que se considera necesario ou conveniente.
Ex: Este ano houbo déficit na produción de viño e non se puido satisfacer a demanda dos clientes.
Antónimos: superávit. -
déficit de saturación
[FÍS]
Medida da humidade do aire que se expresa como a diferenza entre a presión de saturación e a presión do vapor de auga que hai realmente no aire.
-
déficit hídrico
[XEOG]
Relación negativa que se establece nunha área e nun período concretos entre a precipitación meteórica de auga e a humidade no solo requirida para o desenvolvemento óptimo dunha determinada especie vexetal, en función da evapotranspiración potencial.