definido -da

definido -da

(< definir)

    1. p reg

      de definir ou definirse.

    2. adx

      Que presenta uns límites fixados que se perciben polos sentidos sen perigo de confusión con outra cousa ou co que o rodea.

      Ex: Non te sorprendas, a súa ideoloxía sempre estivo ben definida. O seu proxecto baséase nuns obxectivos moi ben definidos. Ese cadro destaca polas cores perfectamente definidas. Sempre foi un babeco carente dun carácter definido.

  1. artigo definido [LING]

    artigo determinado.

  2. composto definido [QUÍM]

    Composto formado por elementos unidos en proporcións fixas e invariables.

Palabras veciñas

deficitario -ria | definible | definición | definido -da | definidor -ra | definiendum* | definiens*