Dehmel, Richard

Dehmel, Richard

Escritor alemán. Despois de tratar varias áreas de coñecemento, dedicouse exclusivamente á literatura. Influído por Nietzsche, Ibsen e polos simbolistas franceses, anunciou o expresionismo coa súa tendencia ao patetismo. De entre as súas obras, destacan Erlösungen (Redencións, 1891), Lebensblätter (Follas de vida, 1895), Weib und Welt (Muller e mundo, 1896), Zwei Menschen (Dous seres humanos, 1903) e Zwischen Volk und Menschheit (Entre o pobo e a humanidade, 1919).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Wendisch

  • Deceso

    Lugar : Hermsdorf, Brandenburgo

  • Deceso

    Lugar : Blankenese, Hamburgo