Deífobo

Deífobo
[MIT]

Guerreiro troiano fillo de Hécuba e de Príamo, rei de Troia, e irmán favorito de Héctor. Nun combate entre Héctor e Aquiles, Atenea coa figura de Deíbofo, enganou a Héctor incitándoo a resistir e causando desta maneira a súa perdición. Existen dúas lendas sobre el. Segundo unha delas foi derrotado por Paris nos xogos fúnebres realizados en honor do propio Paris a quen crían morto. Deífobo, anoxado, quixo matar a Paris coa súa espada, pero este refuxiouse no altar de Zeus onde foi recoñecido por Casandra. Segundo a outra lenda, foi o quinto esposo de Helena coa que casara trala morte de Paris, e o único con quen ela non tivo descendencia. O día da caída de Troia, Ulises e Menelao atacaron a súa casa, capturaron a Helena e mataron a Deífobo. Nos infernos a súa sombra aparéceselle a Eneas.

Palabras veciñas

deificación | deificar | deífico -ca | Deífobo | Deifontes | Deifontes | deiforme